Saturday 27 de April de 2024

Rematadas as obras de humanización da rúa Reconciliación da vila de Ordes, por un importe de 40.000 euros.


A rúa Reconciliación que comunica en sentido único de dirección a rúa do parque municipal xunto o Concello de Ordes coa rúa Compostela foi humanizada en apenas 4 semanas con unha actuación por importe de preto de 40.000 euros

Onte rematáronse as obras impulsadas con cargo ao remanente de 2018 por parte do Concello de Ordes, cun importe de preto de 40.000 euros procedeuse a humanización da rúa Reconciliación, unha vella demanda dos veciños do lugar que dou lugar a un compromiso adquirido polo actual alcalde no mes de febreiro do presente ano.

Descrición das obras executadas.
Procedeuse a construción de 312 m (76×2,00 e 80×2,00 m.) de beirarrúa con dez centímetros de xabre de canteira e baldosa de formigón vibrado de 60x4x6 granallada, previa demolición da beirarrúa existente e formación de 156 m. (76 e 80 m.) de rigola de formigón de 30 cms. De ancho, executada in situ.
O carril de circulación quedou conformado trala pavimentación dun treito de 80×3,50 m. con quince centímetros de formigón, incluso maiazo e xuntas de dilatación, pulido mecánico, curado con tratamento antipó e serrado de xuntas.
Previo á execución do pavimento procedeuse a canalización de uns 40 metros de tubería de PVC de 250 mm. de diámetro e execución de 8 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais, canalización de 76 m. de tubería de polietileno de 90 mm. de diámetro e 10 atm. de presión e 8 m. (4 de 2 m.) de tubería de polietileno de 40 mm. e 10 atm. coa correspondente valvulería e arquetas de aloxamento para abastecemento de auga potable e canalización de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo elo previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.
Na execución das obras tamén se procedeu a reparar 20 metros da rede de saneamento que se atopaba en mal estado logo de levantar o antigo enlousado.
Completouse a actuación de humanización coa sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e símbolos e colocación das sinais verticais necesarias.

Situación actual.
A rúa Reconciliación tras o remate das obras pasa a ser unicamente para uso peatonal e de circulación de vehículos dende a rúa do parque nas inmediacións do Concello ata a rúa Compostela, pois elimináronse a totalidade das prazas anteriores de estacionamento.